A Carta: Parte II

Un dos dous gañou e non fun eu. Desde este lado, dende este mundo de vivos só podo decir síntoo. Non merecías a morte, e moito menos vindo das miñas mans. Non era a miña intención acabar contigo, nin era a miña intención acabar así pero como dixen antes, agora non hai volta atrás… Entre bágoas escribo esto, unha confesión en toda regla dun crime, pero hei alegar que eu xa estaba morta moito antes, que un corpo sen alma non comete delito ningún e que ti…merecíalo tanto como o merecía eu. 

 

Esto é un adeus, un adeus para sempre…Estas fermoso neste estado, semella que dormes, inda nin estas palido…a min inda me queda unha noite por andar, condenada a amarte nesta loucura na que se convertiu a miña vida. Daría o que fora por que esto fose diferente….daría o que fora por estar unha noite máis ó teu carón…daría todo por nada teu…

 

Ámote, agora e sempre.

A carta…Parte I

“Hai anos escribía, con moita máis fluidez e con moitos máis sinónimos dos que agora podo recordar. Hai anos era capaz de plasmar nun anaco de papel todas as miñas inquedanzas, as miñas alegrías e incluso me atrevería a decir que hai anos sería capaz de conmoverte. Hai anos todo era tan diferente….

 

Agora non hai volta atrás, o mundo é o que é e a estas alturas non me vou poñer a cambialo, xa ben fago non deixando que me cambie a min. Todo o que pasou entre nós, todo o que houbo nun momento, todo o prohibido, todo o ilegal da situación, todo o que sufriches, todo o que sufrín, todo…mereceu a pena. Agora non son capaz de deixar de sentirte anque estés morto, non son capaz de deixar de escoitarte anque xa non me fales nin son capaz de olvidarte anque a pernas te recordo.

 

Hai que ver o que son as cousas, loitei durante anos porque foras todo para min e nestes intres o non terte é o mellor que me puido pasar. Nunha época convertiuse en irrelevante todo o que non tiña que ver contigo, connós. As cousas acontecían seguindo un estúpido patrón ó que non prestaba atención e eu non as vía. Supoño que ti si, sempre fuches moito máis racional, algo terá que ver con que fuches o primeiro en pasalo mal, e espabilaches…demasiado. Cobrácheste durante anos unha vinganza que non era a túa, unha pena que magnificaches ata o punto no que eu era a merecedora de calquera castigo imperial e absoluto ó que quixeras someterme.E non che bastou. Pero de nada vale laiarse, pois non vai cambiar o conto. Ambos somos conscientes de que este libro estaba escrito cun final, e unha vez e outra vez volvemos a lelo, a pesardes que o final sabíamolo de sobra. Eu empeñeime en volver a namorarte e ti en destrozarme….